Regulamento do Comedor Escolar


 

 

REGULAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR (XANTAR E ALMORZO).

(O podes descargar premendo aquí)

O comedor escolar do Centro Público Pedro Barrié de la Maza (Mondego-Sada) está xestionado pola Asociación de Pais e Nais , ANPA QUNTÁN, cuxo fin é prestar un servizo á comunidade escolar, ademais de lograr un mellor e maís efectivo funcionamiento. Por este motivo redacta, publica e pon en marcha o seguinte protocolo que rexirá a partir da data da súa probación, realizando un seguimento e avaliación do mesmo.

 

O protocolo entrará en vigor unha vez sexa aprobado pola Asemblea da ANPA. A dita aprobación entederase outourgada para o curso escolar 2011/2012 e renovarase automáticamente se non varían os requisitos que deron lugar ao seu outorgamento. Asimesmo faciliatarase unha copia ao Consello Escolar para a súa consideración, podiendo ser parte da Programación Xeral Anual do Centro.

 

O servizo do comedor, que no noso caso é prestado con carácter opcional, como, elemento conciliador da vida laboral e familiar, poderá comprender o almorzo (Programa madrugadores-Almorzos na Escola) e o Xantar do mediodía (Xantar), prestando a atención ao alumnado durante o mesmo e no período de lecer posterior.

 

1.-MARCO LEGAL.-

O marco básico de actuación polo que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, é a Orde do 21 de febreiro de 2007, sen olvidar calquera otro tipo de norma, orde, decreto ou lei, que regule e poida regular o correcto funcionamento deste servizo.

O comedor escolar do CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA está recollido no artigo 2º.2 da dita orde que di: ”Excepcionalmente, a Administración educativa poderá colaborar na xestión e organización do servizo cos respectivos concellos, deputacións ou outras institucións públicas ou privadas, así como con outras entidades ou colectivos, como poden ser AS ASOCIACIÓNS DE PAIS DE ALUMNOS E AS SÚAS FEDERACIÓNS”.

As actividades educativas programadas para os períodos anterior e posterior ao tempo de comida favorecerán o desenvolvemento de hábitos relacionados coa alimentación e a hixiene, así como a integración de todo o alumnado, especialmente aqueles/as con necesidades educativas específicas.

 

2.-NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR:

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) é a responsable da xestión do comedor e conta actualmente coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Sada.

 

A prestación do servizo será delegada a unha empresa especializada que se encargará do suministro de comidas preparadas, e outra empresa que aportará o persoal necesario para a realización das tarefas de atención ao alumnado.

 

A inscrición no servizo de comedor escolar será válida por curso académico, e excepcionalmente poderán incorporarse alumnos/as durante o curso, sempre que haxa vacantes no servizo. A Anpa informará das modificacións que aparezan ao longo do curso ao Consello Escolar na súa convocatoria máis próxima. As familias cubrirán a ficha correspondente con todos os datos necesarios, e será moi importante especificar os números de teléfono de contacto, pudiendo facilitar ademais o seu correo electrónico.

 

O comedor do CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA ten unha capacidade de 125 alumnos/as diarios como máximo, e o número mínimo de usuarios/as para que o servizo funcione será de 10. Por debaixo desa cantidade o servizo poderá ser rescindido. Do total de prazas haberá unha reserva inicial dun 10% para os/as menores remitidos mediante comunicación dos Servizos Sociais Locais, tendo estos/as prioridade de acceso ao longo do curso no caso de vacantes, se non foran cubertas as ditas prazas se incorporarán para o resto de solicitudes.

 

 

ANPA:

 

A ANPA, a través dun/dunha membro do equipo directivo que actuará en calidade de encargado/a é apoiado/a por un/unha ou dous/dúas membros se fose posible, como responsable velará pola xestión do servizo de comedor prestando especial atención ás seguintes funcións:

 

  • Coordinar un plan de actividades que permita o desenvolvemento de aspectos e normas relacionadas co hábito de saber comer e de relacións sociais.

 

  • Potenciar o desenvolvemento de actividades para dinamizar a atención e vixilancia do alumnado.

 

  • Tarefas de coordinación e supervisión necesarias para o funcionamento do servizo de comedor.

 

  • Elaborar e actualizar periodicamente o inventario de equipamento do servizo de comedor.

 

  • Realizar propostas sobre control e mellora dos menús.

 

  • Calquera outra función necesaria para o correcto funcionamento do servizo.

 

  • Decidir sobre a admisión do alumnado.

 

  • Decidir sobre a expulsión do alumnado.

 

Entre as solicitudes dos usuarios/as de prazas dispoñibles, será a ANPA do centro quen determine a listaxe de admisión, segundo os criterios que se enumeran a continuación.

Criterio de admisión do alumnado para o servizo de “Almorzos na escola-Madrugadores”:

  1. Traballar os proxenitores/ proxenitoras ou tutores legais que forman a dita unidade familiar (os/as 2 ó 1 se son monoparentais), e que o horario laboral sexa incompatible coa atención do/da descendente.- 3 puntos .
  2. Ter outro/ outra descendente admitido/a para os xantares.- 3 puntos .
  3. Pola súa condición de familia numerosa.- 2 puntos .
  4. Ser usuario/a do servizo de xantares no derradeiro ano: 3 puntos .
  5. Ser socio/a da ANPA 1 punto.

NON SERÁN ADMITIDOS DESCENDENTES DE QUEN TEÑA CALQUERA DÉBEDA COA ANPA.

No caso de que as prazas ofertadas sexan insuficientes, procederase a baremar as solicitudes presentadas. Se houbese empate a puntos entre varios alumnos, convocarase un sorteo público para asignar as prazas pendentes.

 

 

Criterio de admisión do alumnado para o servizo de xantar:

  1. Traballar os proxenitores/ proxenitoras ou tutores legais que forman a dita unidade familiar (os/as 2 ó 1 se son monoparentais), e que o horario laboral sexa incompatible coa atención do/da descendente.- 3 puntos
  2. Ter outro/a descendente asistindo ao comedor: 3 puntos
  3. Ser usuario/a do servizo de comedor no derradeiro curso: 3 puntos
  4. Acudir a continuación ás actividades extraescolares.- 2 puntos
  5. Por condición de familia numerosa.- 2 puntos
  6. Ser socio/a da ANPA.- 1 punto.

NON SERÁN ADMITIDOS DESCENDENTES DE QUEN TEÑA CALQUERA DÉBEDA COA ANPA.

No caso de que as prazas ofertadas sexan insuficientes, procederase a baremar as solicitudes presentadas. Se houbese empate a puntos entre varios alumnos, convocarase un sorteo público para asignar as prazas pendentes.

En calquer momento, previa valoración da ANPA, e sempre que o aforo do comedor o permita, admitiranse alumnos nos casos de enfermidade grave ou intervención quirúrxica dun familiar ata 2º grado de consanguinidade ou afinidade dos proxenitores, debidamente xustificado, así como os menores que sexan remitidos mediante comunicación dos Servizos Sociais Locais.

 

Horarios:

Almorzos:

07:30 a 08:30é a franxa horaria na que está permitida a entrada para o servizo de almorzos, unha vez sobrepasada a dita hora o/a menor non poderá almorzar, salvo excepcións que determinarán os/as monitores/as.

Comedor:

14:00 a 16:00Durante o servizo de xantar o alumnado non poderá entrar nin saír, independentemente de quen os/as vaían recoller salvo autorización expresa da ANPA o do persoal responsable. O comedor permanecerá pechado durante este horario.

Coste e forma de pagamento:

-O prezo do servizo se determinará ao inicio de cada curso.

-O pagamento do servizo será mediante domiciliación bancaria e efectuárase por adiantado nos 10 últimos días do mes anterior, deberase facer o pagamento da cantidade que resulte de multiplicar o prezo do servizo diario polo número de días que se haxan indicado na solicitude inicial. Unha vez realizado o pagamento, engadirase o/a alumno/a á listase do comedor do mes correspondente. Ningún/ningunha comensal que non estea anotado na listaxe mensual poderá entrar no comedor, a excepción do primeiro mes do curso, no que se regularizará o pagamento nos 15 primeiros días do servizo.

-Aos/ás membros de unidades familiares numerosas se lles efectuará un desconto en cada servizo e comensal de 0,50€.

 

- Consideranse alumnos/as esporádicos/as aos/ás que solicitan o servizosin ter a reserva da praza. A estes/as usuarios/as se lles incrementará o custe do servizoen 0,50€ por servizo e comensal.

 

-A prestación do servizo aos/á esporádicos/as que non teñen reserva da praza, estará suxeita á disponibilidade de prazas (nunca se superará entre todos/as o número máximo). Polo tanto nestes casos, se deberá realizar previamente a reserva da praza, o pagamento nestes casos farase a mes vencido e polos servizos utilizados.

- O impago dalgún servizo do comedor dará lugar á aplicación do protocolo de actuación número 1.

Baixas e modificacións no servizo:

-As baixas de utilización do servizo terán que ser notificadas á ANPA antes dodía 20 do mes anterior. De non facerse así se pagará igualmente a mensualidade correspondente.

-Só nos casos debidamente xustificados, enfermidade, cambios laborais……., ou excepcionalmente outras causas que serán valoradas pola ANPA, podrerá modificarse o servizo inicialmente solicitado, que será inamobible ata o remate do curso.

- Caquera modificación na utilización do servizo inicialmente solicitado, será valorada pola ANPA, e informarase no seguiente Consello Escolar.

Puntualizacións:

- Os/as usuarios/as de máis curta idade deberán controlar os seus esfínteres. Os incidentes que se produzan neste sentido, serán postos no coñecemento do pai, nai ou tutor legal do/da afectado/a para que poidan resolvelo.

- O alumnado que asista ao comedor deberá encontrarse ben de saúde, debido ao risco de contaxios, que nun servizo deste tipo é bastante alto.

- Se algún/algunha usuario/a sufriese unha indisposición o accidente avisariase aos servizos sanitarios en primeira instancia, e se a gravidade o requirise se trasladaría a un centro hospitalario. A familia ou tutores legais serán avisados o antes posible. O/a menor estará acompañado dun/dunha monitor/a ata que o pai/nai/tutor legal se faga cargo.

- A función principal do persoal de atención ao alumnado é educar, axudándolles a adquirir hábitos de comportamento, de alimentación e de hixiene correctos para conseguir a súa propia autonomía. É fundamental neste sentido que as familias/tutores legais apoien esta labor cando os/as nenos/as coman nos seus fogares.

- Todo o persnal que desenvolva as súas funcións no tempo do comedor escolar, forma parte da Comunidade Educativa, e débeselle respectar como aos/ás demais membros. É a súa responsabilidade o coidado e atención xeral de todas e todos os/as usuarios/as do mesmo, non así do alumnado alleo a este servizo.

- Os pais, nais e tutores legais non accederán ás instalacións do comedor salvo indicación ou requirimento do persoal do comedor.

- Se existise algún tipo de indicación específica sobre as personas que poden facerse cargo dun/dunha neno ou nena en particular, despois da utilización deste servizo, a familia ou tutor legal deberá comunicarlo á ANPA, que informará ao persoal do comedor. De non facerse así, entenderase que son os/as progenitores ou tutores legais quen se faga cargo dos/das menores.

 

3.-INDICACIÓNS PARA OS/AS MONITORES/AS:

A atención educativa, apoio e vixilancia do alumnado do comedor será responsabilidade dos/das monitores/as, que se dirixirán ao alumnado nun tono adecuado, debendo realizar as seguintes funcións, segundo o regramento anual do servizo do comedor escolar:

- Estimular e favorecer no alumnado a adquisición de hábitos correctos de hixiene, alimentación e comportamento no comedor.

- Fomentar actitudes para conseguir unha boa educación na mesa: cómo deben sentar, cómo servir a comida, cando deben levantarse………..

- Fomentar o respecto entre os comensais, o persoal, etc.

- Vixilar aos/ás nenos e nenas tanto no tempo de hixiene, como no tempo de permanencia na sala de comedor e no tempo de lecer.

- Acompañar aos/ás usuarios/as en todo momento, e fomentar un uso correcto das instalacións do centro para a realización das actividades que se programen.

- Fomentar a cooperación e o respecto ás persoas do ámbito próximo, con valores e actitudes democráticas e participativas.

- Educar aos/ás comensais nas normas básicas de comportamento na mesa: procurar non pór os cóbados na mesa, procurar non fablar coa boca chea e cerrala para mastigar evitando facer ruído, evitar beber antes de tragar a comida, utilizar sempre o pano de mesa antes de beber e cando sexa necesario, curtar os alimentos con coidado (un trozo de cada vez), utilizar correctamente os cubertos (non empuñar nin xesticular con eles, non facer ruído con eles golpeando platos, vasos…, procurar non levar o coitelo á boca, ao rematar colocalos ordeadamente no prato, evitar curtar o pan individual co coitelo…..)

- Sinalar as zonas do patio que se vaían a utilizar nas actividades de lecer e marcar as directrices de utilización destes espazos.

- Velar para que o recinto do centro utilizado, nunca permaneza aberto nesa franxa horaria.

- Insistir, de forma moi especial, no desenvolvemento das pautas educativas sobre saúde alimentaria e nutrición, e levar a cabo os programas de prevención de patoloxías dos trastornos alimentarios.

- Favorecer a relación cos membros da Xunta Directiva da ANPA correspondente, así como coas familias ou tutores legasi dos/das usuarios/as do servizo e co equipo directivo do centro, segundo os protocolos que en cada caso estableza a ANPA do centro..

- Informar á ANPA, encargada do servizo de comedor, de todas as cuestións que afecten ao funcionamento do servizo, ou incidencias que xurdan.

 

- Asistir e acompañar aos/á comensais enfermos/as ou accidentados/as, establecendo, segundo o caso, a avaliación ao centro sanitario de urxencias ou centro hospitalario, e permanecer en contacto coa familia ata que esta se faga cargo do menor.

 

- Asistir ás conferencias, seminarios, cursos e xornadas de formación continua que promovan tanto a Federación Provincial de ANPAs, como a empresa de catering e o centro educativo.

4.- NORMAS DE COMPORTAMENTO PARA OS/AS COMENSALES DO COMEDOR:

- Cada curso, ao inicio do mesmo, a ANPA coa colaboración do Consello Escolar do centro, establecerá as directrices, despois de consensualas cos/coas implicados/as, de cómo debe chegar o alumnado ás dependencias do comedor, quen os/as levará ata alí, onde os/as recollerán e cando pasarán a estar a cargo do persoal do comedor, etc…

- Cada día, antes de pórse a comer, deberán estar debidamente aseados e sempre coas máns lavadas. Cada usuario/o necesita traer semanalmente un pequeno neceser cos útiles de aseo indicados polo persoal do comedor (cepillo de dentes, pasta…..).

- Entrarán nas dependencias onde se desenvolve este servizo, en orde e en silencio, permanecendo correctamente sentados na cadeira asignada e sen xogar ou sen balancearse nelas.

- Deben tratarse sempre con respecto, e deben axudar aos/ás máis pequenos/as.

- Intentarán comer todos os alimentos que se sirvan, aínda que só sexa para probalos.

- Todos os/as usuarios/as colaborarán despois de comer, recollendo os utensilios do comedor, e colocando de forma correcta e ordeada as mesas e as cadeiras.

- Deben saír do comedor en orde e sen correr.

- Durante o tempo de lecer e xogos, despois de comer, os/as usuarios/as de comedor NUNCA SAÍRAN DO RECINTOESCOLAR. Estarán cos/coas seus/súas monitores/as xogando ou facendo calquera tipo de actividade lúdica: xogos, concursos, teatro……, pero intentando non facer actividade física forte, xa que durante este tempo están facendo a dixestión.

- O persoal do comedor é a autoridade durante esta franxa horaria, por iso sempre os/as nenos/as manterán unha actitude de obediencia e respecto hacia eles/elas. Ante calquera incidencia pasarase un informe á ANPA, para que se tomen as medidas oportunas ao respecto.

- Ao inicio de cada curso, igual que acontece coa chegada ao comedor, a ANPA en colaboura co Consello Escolar, consensuará unhas directrices de como se deberá efectuar a saída desta actividade de comer e xogar, onde deben recoller as familias aos/ás usuarios/as, como irán outros/as ás aulas de actividades extraescolares, etc.

- Sobre a base do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5º de primaria, sen que iso supoña a ausencia física ou a substitución do persoal habitual encargado da atención do devandito servizo.

 

-As familias ou tutores legais poderán comer un día ao longo do curso cos/coas seus/súas fillos/as no comedor escolar logo de aviso e nunca superando o aforamento permitido, tendo que colaborar cos/coas monitores/as e cumprindo co presente protocolo. Respectarán do mesmo modo a autoridade do persoal, e calquera queixa que puidesen ter sobre o funcionamento do comedor faranlla chegar á ANPA directamente.

 

5.- PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:

- O servizo de comedor é unha prolongación do horario escolar, por iso o Regulamento de Réxime Interno do centro deberá recoller os dereitos e os deberes dos/das usuarios/as e do persoal que o atende, coordinado co ANPA.

- Se o servizo é utilizado por persoas adultas alleas ao persoal contratado para tal fin, deberán colaborar cos/coas monitores/as durante todo o tempo de prestación do devandito servizo á ANPA.

 

6.-FALTAS E SANCIÓNS:

-FALTAS LEVES

a) Considéranse faltas leves:

Calquera conduta que afecte levemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas ou cousas.

b) Sancións:

1. Amoestación verbal ao/á alumno/a. En caso de reiterac¡ón, comunicación por escrito aos pais/ás nais ou tutores legais.
2. Separación temporal do grupo de referencia e integración noutro.
3. Perda do dereito a participar en xogos ou actividades de lecer.
4. Realización de tarefas relacionadas coa falta cometida.
O persoal do Comedor poderá impoñer estas sancións debendo comunicalas á ANPA e aos pais/ás nais ou tutores legais.

 

-FALTAS GRAVES

  1. Considéranse faltas graves:

1. Acumulación de tres faltas leves.
2. Calquera outra conduta que afecte gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas ou cousas.

  1. Sancións:

Calquera das consideradas para as faltas leves. Ademais:

1. Amoestación por escrito ao/á alumno/a. Comunicación aos pais, ás nais ou tutores legais.
2. Separación do grupo de referencia ou da súa mesa de comedor, ata o fin do curso.
3. Comer separado dos/das compañeiros/as (ata 5 días)
4. Expulsión temporal do Comedor (ata 5 días)
Estas sancións poderán ser impostas pola ANPA, a través do persoal do comedor, e serán comunicadas aos pais, ás nais ou tutoes legais e á dirección do Centro escolar.

-FALTAS MOI GRAVES:

a) Considéranse faltas moi graves:

1. Acumulación de tres faltas graves.
2. Saír do Centro sen permiso, durante o horario de Comedor.
3. Calquera outra conduta que afecte de forma moi grave ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas ou cousas.

b) Sancións:

Calquera das consideradas para as faltas graves. Ademais:

1. Expulsión temporal do Comedor (de 5 días a 1 mes).

2. Expulsión definitiva do Comedor.

Esta última sanción será determinada polo Consello Escolar do Centro, despois de audiencia aos pais, ás nais ou tutores legais.

 

 

Your are currently browsing this site with Internet Explorer 6 (IE6).

Your current web browser must be updated to version 7 of Internet Explorer (IE7) to take advantage of all of template's capabilities.

Why should I upgrade to Internet Explorer 7? Microsoft has redesigned Internet Explorer from the ground up, with better security, new capabilities, and a whole new interface. Many changes resulted from the feedback of millions of users who tested prerelease versions of the new browser. The most compelling reason to upgrade is the improved security. The Internet of today is not the Internet of five years ago. There are dangers that simply didn't exist back in 2001, when Internet Explorer 6 was released to the world. Internet Explorer 7 makes surfing the web fundamentally safer by offering greater protection against viruses, spyware, and other online risks.

Get free downloads for Internet Explorer 7, including recommended updates as they become available. To download Internet Explorer 7 in the language of your choice, please visit the Internet Explorer 7 worldwide page.