mondego.jpg
 

Estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP "Pedro Barrié de la Maza" Mondego - Sada (A Coruña). Tamén os podes descargar en formato pdf premendo aquí.

 

 

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN ANPA CEIP QUINTÁN-MONDEGO

CAPITULO I

DENOMINACIÓN, FINS, ENDEREZO E ÁMBITO

Artigo 1º.- Coa denominación A.N.P.A. QUINTÁN del CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA  de SADA procedese a adapta-los Estatutos desta Asociación, ó abeiro da Lei Orgánica do Dereito á Educación 8/1985 e da Lei Orgánica 1/2002 do 22 de Marzo e demáis leis e disposicións complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

Artigo 2º.- Esta Asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Terá como fins os seguintes:
a) Asistir ós pais/nais, titores  e/ou familias en todo aquello que concerne á educación dos seus fillo/as e pupilo/as.
b) Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
c) Promove-la participación das familias do alumnado na xestión no Centro.
d) Asistir ás familias do alumnado no exercicio do seu dereito á intervir no control e xestión do Centro.
e) Facilita-la representación das familias do alumnado no Consello Escolar do Centro.
f) Estimula-la participación das familias do alumnado na programación xeral do ensino a traveso do órgano colexiado correspondente.
g) Fomenta-las relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
h) Promove-la plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ,sexo, saúde ou capacidade.
i) Requerir ós poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos ó ensino, recabando a atención a axudas que ésta merece.
j) Promover actividades formativas, culturais e de estudo.
k) Promover reunións de colaboración das familias co profesorado e as boas relacións entrambos.
l) Defender e apoiar o ensino público.
m) Promover unha ensinanza de calidade que desenvolva a personalidade humana no respeto ós principios democráticos de convivencia, dereitos e liberdades, ó amparo de canto determina a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía.
n) Elevar propostas, suxerencias, informes e consultas ó claustro, dirección, inspección, Delegación provincial da Consellería de Educación, Concello e calquer outra entidade competente, sempre que se estime oportuno para a boa marcha do centro ou cando se observen deficiencias que incidan negativamente na educación do alumnado.
o) Promover tódalas actividades non recollidas nestos estatutos, que poidan ser consideradas pola Xunta Directiva de interese ou formativas para as familias e alumnado do centro e non sexan contrarias á Lei.
p) todos aqueles outros fins non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.

Artigo 4º.- Para o cumprimento destes fins realizaranse, lóxicamente, todas aquelas actividades formativas, culturais e de estudo, e reunións con tódolos sectores da comunidade educativa e todas aquelas outras tendentes a cumprir os fins sinalados e que sexan conformes á lei e decididas polos órganos competentes.

Artigo 5º.-   Para a realización das actividades que lle son propias, a Asociación empregará locais do Centro, e a tal fin o Director facilitará a integración de ditas actividades na vida escolar tendo en conta o normal desenvolvemento da mesma.

Artigo 6º.- Para o mellor cumprimento dos fins, esta Asociación intégrase na Federación Provincial de APAS de Centros Públicos de A Coruña, e conxuntamente con outras APAS na Confederación Galega de APAS de Centros Públicos (CONFAPA-GALICIA) e a nivel estatal na Confederación Española de APAS (CEAPA).

Artigo 7º.- O ámbito da Asociación é provincial e fixa o seu enderezo en CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA, Rúa Miguel Pereiro Tacón, s/n Quintán-Mondego, SADA.

CAPITULO II

ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN – DA XUNTA DIRECTIVA

Artigo 8º.- Xunta Directiva
a) A Asociación estará representada e administrada por unha Xunta Directiva formada por:
- Presidente
- 2 Vicepresidentes
- Secretario
- Administrador-Tesoureiro
- Vocais titulares
- Vocais colaboradores
- O nº de vocais será como resultado da Asemblea.

Estos serán designados e revocados pola Asemblea Xeral Ordinaria ou Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de tres anos.
b) Consideraranse membros titulares con voz e voto o Presidente, Vicepresidentes, Secretario, Administrador-Tesoureiro e Vocais Titulares.

Artigo 9º.- A elección de membros da Xunta Directiva pola correspondente Asemblea, será polo procedemento de listas abertas.


Artigo 10º.-  A Xunta Directiva elexirá de entre os seus mebros os cargos correspondentes.

Artigo 11º.- Os membros da Xunta Directiva que esgotasen o prazo para o que foron elexidos, continuarán ostentando os cargos ata o momento en que se produza a aceptación dos que lles van a sustituir.


Artigo 12º.-Baixas e vacantes
a) As vacantes que se puidesen producir pola renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, ou por incumpremento das obrigas inherentes ó cargo, poderán cubrirse provisionalmente por membros que designen a Xunta Directiva ata que se celebre a primeira reunión da Asemblea Xeral.
b) A estes efectos causarase baixa na Xunta Directiva como membro titular pola non asistencia a 4 reunións consecutivas, ou a 7 ó longo do curso, aínda con causa xustificada.Poderase continuar en condición de vocal colaborador.
 

Artigo 13º.-Reunións
a) A Xunta Directiva reunirase de xeito periódico tódolos meses do curso escolar e ademáis sempre que sexa convocada polo seu Presidente. Tamén deberá reunirse, a petición dun tercio da totalidade dos seus compoñentes titulares (Presidente, Vicepresidentes, Secretario, Administrador-tesoureiro e vocais titulares). Quedará válidamente constituida cando asista a metade máis un dos seus membros e, para que os acordos sexan válidos, deberán ser tomados pola maioría dos votos correspondentes ós presentes con dereito a voto. En caso de empate, o voto do presidente será de calidade para deixar sin efecto o empate.
b) As reunións, tanto ordinarias como extraordinarias da Xunta Directiva, deberán ser notificadas a tódolos membros da Xunta Directiva na forma e modo que se estime convinte, mediando non máis de 15 minutos entre a primeira e a segunda convocatoria.
c) No libro de actas consignarase data, lugar, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados, asinado polo secretario e presidente ou quen exerza as funcións nese momento.
d) Calquer membro da Xunta Directiva poderá ter acceso ós libros oficiais, cando así o solicite.

Artigo 14º.- As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral, a todolos actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requira segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.

Son facultades particulares da Xunta Directiva:
a) Dirixi-las actividades da Asociación e leva-la xestión económica e administrativa, acordando realiza-los oportunos actos e contratos.
b) Executa-los acordos da Asemblea Xeral.
c) Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os balances, contas e programa anual de actividades.
d) Resolver sobre a admisión de socios si fose necesario.
e) Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
f) Calquer outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea e sexa conforme segundo a Lei.
g) Interpreta-los Estatutos e velar polo seu cumprimento.

Artigo 15º.- O Presidente terá as seguintes atribucións:
a) Representar legalmente á Asociación ante toda clase de Organismos Públicos ou privados.
b) Convocar, presidir e levanta-las sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións dunha e outra.
c) Ordear pagos e firmar xunto co Administrador-Tesoureiro os libramentos, cheques,etc.
d) Recibir en nome da Asociación calquer cantidade provinte de subvencións de Entidades Públicas e/ou privadas.
e) Autorizar coa sua firma os documentos, actos e correspondencia da Asociación.
f) Adoptar calquer medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle, ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria e convinte, sen perxuicio de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.
g) Asumirá tamén, en todo caso, as facultades que a Lai establece.

Artigo 16º.- Os Vicepresidentes serán os encargados de sustituir ó Presidente en ausencia de éste, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións que éste. O Presidente poderá delegar en éstes as súas competencias para a atención ou xestión de asuntos determinados ou un conxunto dos mesmos previa conformidade da Xunta Directiva.Tamén poderán asumi-las funcións encomendadas do Secretario e/ou Administrador-tesoureiro, previa conformidade da Xunta directiva.

 Artigo 17º.- O Secretario terá ó seu cargo a Dirección dos traballos meramente administrativos da Asociación, expedirá certificacións, levará os Libros da Asociación legalmente establecidos e o ficheiro de Asociados e custodiará a documentación da Entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demáis acordos sociais inscribibles nos correspondentes rexistros, así como a presentación do programa de actividades e do cumprimento das obrigas documentais, nos termos que legalmente correspondan; ademáis velará pola conservación dos locais sociais e gardará o selo da Asociación.A estes efectos consideraranse libros oficiais: libro de caixa, libro de actas e libro de rexistro de socios.

Artigo 18º.- O Administrador-tesoureiro estará encargado de recaudar e conservar os fondos e bens da Asociación. Levará o libro de Caixa e firmará os libramentos de fondos xunto co Presidente e/ou Vicepresidentes; elaborará o proxecto de orzamento que a Xunta Directiva debe presentar ante a Asemblea Xeral e preparará e presentará as contas anuais  que deban someterse a dita Asemblea.
 
Artigo 19º.- Vocais titulares e vocais colaboradores.
a) Os Vocais titulares terán as obrigas propias do seu cargo como membro da Xunta Directiva e poderán recibir por acordo de ésta o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo así como a execución de encargos, comisións, representacións e outras tarefas que pola Xunta Directiva lle fosen encomendadas.
b) Os vocais colaboradores participarán e colaborarán, xa sexa de xeito puntual e/ou continuado, individual ou formando parte de grupos de traballo nas actividades  desenvolvidas pola Asociación,e/ou tarefas encomendadas pola Xunta Directiva.
1. Os vocais colaboradores poderán asistir a tódalas reunións da Xunta Directiva, con voz pero sin voto, e non lles afectará a causa de baixa pola non asistencia á ditas reunións fixada no artigo 12.
2. Os vocais colaboradores terán dereito a un voto como colectivo, que delegarán nun representante, que será membro titular da Xunta Directiva.
3. A relación dos vocais colaboradores cos demás membros titulares da Xunta Directiva e a súa implicación en decisións tomadas pola Xunta, canalizarase vía un membro titular  designado pola Xunta Directiva.

Artigo 20º.-  Os membros da Xunta Directiva poderán delega-lo seu voto noutro membro da Xunta.
a) Para a delegación de voto, requerirase autorización escrita e firmada con explicitación  da reunión para a que se refire a delegación de voto.
b) Ningún dos membros da Xunta Directiva poderá ostentar máis dunha representación.
c) A delegación de voto non exime das razóns de baixa pola non asistencia fixadas no artigo 12.


CAPÍTULO III- DA ASEMBLEA XERAL

Artigo 21º.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo e soberano da Asociación e estará integrada por tódolos socios/as.

Artigo 22º.- As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias.
a) A ordinaria celebrarase obrigatoriamente unha vez ó ano, dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercicio e nela propondrase a aprobación das contas e orzamentos e programa xeral da actuación social. Tamén nela procederáse á elección de membros da Xunta Directiva cando corresponda por imperativo estatutario.
b) As extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuicio do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o pida e solicite formalmente por escrito motivado un dez por cento dos asociados.

Artigo 23º.- As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, data e hora da reunión, así coma a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar.
a) Entre a convocatoria e a data sinalada para a celebración da asemblea, en primeira convocatoria, haberá de mediar alomenos 15 días, podendo asimesmo facerse constar na data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poda mediar un prazo inferior a media hora.
b) A Asemblea Xeral extraordinaria poderá reduci-lo prazo de convocatoria a 48 horas, por razóns de urxencia, apreciadas pola Xunta Directiva.
c) As asembleas xerais, tanto ordinarias coma extraordinarias, quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concuran a ela  a maioría dos asociados e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados presentes.

Artigo 24º.- Os acordos tomaranse por maiorías simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos non sendo computables a estes efectos os votos en blanco nin as abstencións.
 Para o voto representado, solicitarase autorización escrita e firmada do representado/a con explicitación da Asemblea para a que se refire a delegación de voto. Ningún socio poderá ostentar máis dunha representación ademáis da súa.

Artigo 25º.- Será necesario o voto favorable dos dous tercios dos asociados presentes na Asemblea para adopta-las seguintes decisións:
a) Nomeamento das Xuntas Directivas.
b) Disposición e Enaxenación de bens.
c) Solicitude de declaración de Utilidade Pública da Asociación.
d) Integración en Federacións.
e) Modificación Estatutaria.
f) Disolución da Asociación.


CAPÍTULO IV -DOS SOCIOS

Artigo 26º.- Poderán ser membros da Asociación tódolos pais/nais e titores/as maiores de idade dos alumnos que cursan estudos no CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA Quintán-Mondego (SADA).

Artigo 27º.- Serán dereitos do/as asociado/as:
a) Elexir, ser elexible para todalas funcións representativas da Asociación.
b) Ter voz e voto nas reunións da Asociación.
c) Tomar parte en tódalas as actividades da Asociación e empregar os servicios que podan establecerse en beneficio dos socios.
d) Dirixir peticións e propoñer iniciativas ós Órganos de goberno da Asociación.
e) Recabar e recibir da Xunta Directiva canta información precisen sobre a xestión asociativa.
f) Asistir a tódalas reunións e actos convocados pola Xunta Directiva.
g) Colaborar activamente no cumprimento dos fins da Asociación e na execución e eficacia dos mesmos.
h) Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou estatutos.
i) Coñece-los Estatutos da Asociación.

Artigo 28º.- Serán deberes dos/as socios/as:
a) Coñece-los Estatutos da Asociación.
b) Observar e cumpri-los estatutos da Asociación e os acordos da Asemblea.
c) Contribuir económicamente ó sostemento da asociación na forma e modo en que se establezca na Asemblea Xeral.

Artigo 29º.- Causarase baixa na Asociación:
a) Por petición do interesado.
b) Por baixa dos fillos matriculados no Centro.
c) Por impago das cuotas, mediante un apercebemento previo da Xunta Directiva.
d) Por incumpremento dos Estatutos.
e) Por uso da Asociación con fins alleos ós específicos da mesma.
Para excluir a calquer socio polas causas do apartado d e e do anterior artigo, deberá abrirse un expediente pola Xunta Directiva na que se sinalarán detalladamente os feitos que orixinan a expulsión. Asemesmo oirase ó propio expedientado que poderá presentar un prego de descargo alegando o que considere convinte para a súa defensa e unirase ó expediente que estudiará a Xunta Directiva e propondrá a decisión que considere oportuna. Si optase pola expulsión, a presentará na seguinte Asemblea Xeral que despois de oir á Xunta Directiva e ó socio si o solicitase, tomará unha decisión que será inapelable.

Artigo 30º.- Os recursos económicos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
1. Cuotas dos socios periódicas ou extraordinarias que serán determinadas pola Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva.
2. As subvenvións, legados, herdanzas ou donacións que puidese recibir de xeito legal e que sexan aceptadas , e proveñan tanto de persoas físicas e/ou xurídicas.
3. Calquer outro recurso de procedencia lícita.

Artigo 31º.- A Asociación carece de patrimonio fundacional. O patrimonio social que se vaia constituindo estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos fins sociais.A súa administración corresponde á Xunta Directiva.

Artigo 32º.- O exercicio asociativo e o exercicio económico
a. O exercicio asociativo coincidirá co inicio e finalización do curso escolar que fixe a Administración Educativa para cada ano académico.
b. O exercicio económico coincidirá co ano natural.


CAPÍTULO V

DISOLUCIÓN

Artigo 33.- Esta Asociación disolverase voluntariamente cando así o acorde a Asemblea Xeral convocada ó efecto e por acordo dunha maioría de dous tercios dos asociados.

Artigo 34º.- En caso de disolución nomearase unha comisión liquidadora, a cal, unha vez extinguidas as débedas e si existise sobrante líquido destinarase a aquelas entidades sen ánimo de lucro adicadas á realización de fins educativos cun espíritu similar ó que anima esta asociación e que se sinalará na Asemblea Xeral na que se acorde a liquidación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

En todo canto non esté previsto nos presentes estatutos aplicarase á vixente lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, así como a lei orgánica 8/1985 reguladora do Dereito á Educación do 3 de xullo de 1985 e demáis disposicións específicas de aplicación provintes da Comunidade Autónoma de Galicia e do Dereito Estatal Supletorio en ausencia do autonómico segundo dispón a Constitución Española.
 

 

Your are currently browsing this site with Internet Explorer 6 (IE6).

Your current web browser must be updated to version 7 of Internet Explorer (IE7) to take advantage of all of template's capabilities.

Why should I upgrade to Internet Explorer 7? Microsoft has redesigned Internet Explorer from the ground up, with better security, new capabilities, and a whole new interface. Many changes resulted from the feedback of millions of users who tested prerelease versions of the new browser. The most compelling reason to upgrade is the improved security. The Internet of today is not the Internet of five years ago. There are dangers that simply didn't exist back in 2001, when Internet Explorer 6 was released to the world. Internet Explorer 7 makes surfing the web fundamentally safer by offering greater protection against viruses, spyware, and other online risks.

Get free downloads for Internet Explorer 7, including recommended updates as they become available. To download Internet Explorer 7 in the language of your choice, please visit the Internet Explorer 7 worldwide page.